A historia conta que hai 400 anos o Bispo de Astorga, Alonso Messía de Tovar, mandou construír un santuario tras unha curación milagrosa atribuída á Virxe das Ermidas. A raíz desta historia a zona converteuse nun punto de peregrinación.
Con motivo desta celebración, desde o Concello do Bolo decidiron facer unha programación especial para conmemorar o aniversario. Estes actos comezaron o dous de maio.
Esta tarde de 3 de agosto, dende as 19:00, o músico galego Xoán Curiel foi o encargado de encher a ermida ca súa música para celebrar este aniversario. Un concerto que contou coa presenza do director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; o alcalde do Bolo, Alberto Vázquez e alcaldes e representantes dos concellos limítrofes, tamén cos responsables do santiario.
Un concerto íntimo no que todos os asistentes puideron desfrutar do seu sétimo traballo discográfico "Treides Conmigo!". Un traballo que «bebe» da lírica medieval galego-portuguesa dende unha mirada contemporánea.
De feito, destacar que a ermida conta cunha capacidade de 70 ou 80 persoas. Polo tanto, as persoas interesaran tiveron que anotarse previamente para así conmemorar o aniversario coa música de Curiel. Entre os asistentes atopábase Alberto Vázquez, alcalde do municipio, e Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia.
Valoracións de Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia, ao remate do acto:
Declaracións de Alberto Vázquez, alcalde do Concello do Bolo organizador do acto:
Xoán Curiel declarou estar moi satisfeito polo lugar e a resposta dos asistentes:
Valoración do párroco do santiario, José Antonio Crespo Franco:
No seguinete vídeo pódese escoitar e ver algunha das pezas interpretadas no santiario: