jueves. 28.03.2024

Este xove leva 15 anos enfundándose na pel da máscara: «levala é ledicia e sufrimento pois esixe un desgaste físico»

Chega o Entroido. Buxán é unha localidade de O Bolo no que a tradición ten un valor moi especial, tanto que posúe a súa propia máscara. Saúl Blanco Blas ten 28 anos e leva 15 enfundándose na  pel da «Mázcara», unha das mais ancestrais e singulares de Galicia. Portala provoca un sentimento casi «relixioso», que afonda na raíz da identidade do pobo.



 «É un orguio», dí, aínda que o que sinte vai mais lonxe: «É algo que se identifica con nós. É o símbolo do pobo. A Mázcara hai que vivila e sentila», expresa Saúl Blanco. Mirarse ó espello cando se viste o traxe infunde «unha sensación de ledicia, de que estás representando un pobo e unha tradición», explica.

No Entroido de Viana do Bolo

A Mázcara de Buxán chama atención alá onde va. Abre camiño ó folión, saltando e bailando ao compás dos bombos. «No noso folión van nenos de catro anos ata xente de 80. Como Mázcara é moi bonito escoitar o son da corna, os bombos e os sachos e ir bailando, saltando o ritmo do folión. Todo é moi especial», valora este xoven.

Mázcaras do Folión de Buxán

Cando cae o día sinalado para vestir a Mázcara xurde a emoción. Pero vestirse non é sinxelo. Supón todo un ritual e un longo proceso, que dura mais dunha hora. «A Mázcara non se viste soa. Dous mulleres do pobo axudan. Son moitas pezas e adornos e tamén hai que coser lazos e mantóns», comenta.

Non se sabe con exactitude cando naceu a Mázcara de Buxán, pero se ten constancia dela dende o século XIX. Foise transmitindo de xeración en xeración. Vai acompañando ó folión, que se vai movendo ó son das aixadas e os bombos polas rúas do pobo. A función é ir bailando ó son do folión, ir apartando á xente, deixando que aflore a sátira.



O baile ancestral da Mázcara ten unha identidade tan propia como a indumentaria.«A Mázcara é ledicia, pero tamén sufrimento pois esixe un desgaste físico, se queres facelo ben hai que saltar, abrindo e pechando as pernas, según o toque do folión, e bailar intensamente», conta Saúl Blanco. De feito, entre a danza e o peso do traxe —pode chegar a pesar cuatro o cinco kilos— «sempre se perde de dous a tres kilos nun día».

Polas rúas da Veiga

En canto as pezas da indumentaria  leva o pucho, un gorro en forma cónica que vai adornado cunha rosa ou figuras feitas con cintas de papel de cores e fotos. Leva unha  boneca, xeralmente a típica con traxe de galega, no centro do pucho co fin de simbolizar a ledicia do Entroido.

Saúl Blanco baixo a pel da Mázcara onde se ve a bonecha sobor do pucho

No lombo leva mantóns de manila, moitos lazos e panos para adornar e todo iso coa finalidade de que o traxe sexa o mais vistoso posible. Vai cun pixama, polainas e cinto de esquilas, das que brota un son singular cando a Mázcara baila.

Leva a cara tapada para que non se coñeza quen vai debaixo dela. A máscara soe ser branca ou de madera. Ten que ser consistente para que cando baila non se mova o pucho .

Mázcara de Buxán , que sempre leva a cara tapada

O traxe ten un valor económico duns  2.500 euros, pero non ten prezo paa Buxán dende o punto de vista sentimental . Os mantóns, lazos, polainas e pixamas teñen moita antigüedade e, nalgún caso, proceden doutros países. «O meu pixama o trouxen de Marrocos. Pertence a miña familia, pero antes os puxeron outros. O traxe, as espadas, os colares, pasan de xeración a xeración», aclara Saúl Blanco.

O traxe da Mázcara vai pasando de xeración en xeración

E sempre hai que facer unha labor de mantemento do traxe pois cada ano sufre algún desperfecto, xa sexa porque chove ou outro motivo. «Polo xeral non se confeccionan outros novos, se conserva a tradición cen por cen», conclúe.

Redacción: Susana Prieto
Fotos: Sonia Rodríguez

Saúl Blanco: «A Mázcara de Buxán é o símbolo do pobo, hai que sentila»