Percorrendo os postos da Feira Irmandiña no Bolo
14 de agosto de 2024 (12:17 h.)
Mayra Martínez, concelleira do municipio, guíanos neste recorrido pola contorna do Castelo mentres conta a historia do levantamento irmandiño
Este mércores 14 de agosto celébrase na contorna do castelo do Bolo a segunda edición da Feira Irmandiña. Unha festa que se fai lembrando o pasado desta construción na Idade Media e un dos feitos máis relevantes como foi o ataque dos Irmandiños a esta fortaleza.
Mayra Martínez, concelleira do municipio, guíanos neste percorrido pola contorna do Castelo mentres conta a historia do levantamento. Tamén coñecemos os 23 postos que alí se atopan.