sábado. 20.09.2025

Reactívase a Situación 2 no incendio do Bolo tras empeorar as condicións meteorolóxicas

O lume afecta xa a 200 hectáreas en Vilaseco e obrigou a confinar 263 veciños no Bolo

O lume forestal declarado na noite do xoves no concello do Bolo, parroquia de Vilaseco, mantense activo e con Situación 2 preventiva, ao rexistrarse risco para o núcleo de Santa Cruz. A medida, que fora desactivada pola mañá, tivo que reactivarse pola tarde ante o empeoramento das condicións meteorolóxicas.

somoscomarca_lentellais_incendio (17)
Situación en lLentellais

Segundo as últimas estimacións, o incendio afecta xa a 200 hectáreas. No dispositivo de extinción participan 3 técnicos, 16 axentes, 25 brigadas, 15 motobombas, 2 unidades técnicas de apoio, 3 pas, 6 helicópteros e 11 avións. Ademais, solicitouse a intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

somoscomarca_lentellais_incendio (10)

A Consellería do Medio Rural confirmou tamén medidas de protección da poboación. No concello do Bolo permanecen confinados os veciños de Lentellais, Santa Cruz e O Bolo, mentres que en Pantón foron evacuadas 47 persoas nos núcleos de Cibrisqueiros, Frontón e Budián. En total, 263 veciños permanecen confinados e 47 evacuados polos dous lumes máis graves que afectan a Galicia nestas horas: Pantón e O Bolo.

somoscomarca_lentellais_incendio (9)
Así estaba Santa Cruz ás 20:00 horas

Medio Rural lembra que está dispoñible o teléfono gratuíto 085 para comunicar a detección dun incendio forestal, así como a liña anónima 900 815 085 para denunciar condutas incendiarias. A información actualizada sobre os lumes que superan as 20 hectáreas pode consultarse na conta oficial de X (antigo Twitter) @incendios085.

somoscomarca_lentellais_incendio (8)
Centro de mando

Reactívase a Situación 2 no incendio do Bolo tras empeorar as condicións meteorolóxicas