domingo. 08.06.2025

A Ponte de Barxa vaiada polo aviso de apertura da presa de Santa Eulalia

Con motivo desta apertura, o 112 Galicia acaba de activar o Plan Especial para o Risco de Inundacións no Concello o no nivel de prealerta
somoscomarca_240311_obolo_pontedebarxa (1)
A Ponte de Barxa vaiada polo aviso de apertura da presa de Santa Eulalia

Despois de recibir o informe desta mañá, 11 de marzo, Iberdrola daba o aviso de que nas «próximas datas iniciará o verquido controlado na presa de Santa Eulalia».

Esta apertura da presa está prevista para o 12 de marzo, entón, ata novo aviso, «os caudais que circulen polo río Xares, poderán ser de importancia», se especifica no bando informativo do Concello do Bolo.

Con motivo desta apertura, o 112 Galicia acaba de activar o Plan Especial para o Risco de Inundacións no Concello o no nivel de prealerta. Dende Protección Civil do Bolo «pregamos que estremedes as precaucións e se faga caso da sinalización circunstancial que se instalará para este aviso». 

somoscomarca_240311_obolo_pontedebarxa (2)

Por mor deste problema, tanto o alcalde, o teniente alcalde e os traballadores municipais, cortaron todo tipo de acceso a Ponte de Barxa. Cabe recordar que os cidadáns xa estaban alertados do malestar deste acceso. 

De feito, nestes intres o proxecto para poder arranxala está en tramitación na Confederación. Alberto Vázquez explicábao para unha entrevista a Somos Comarca: «O orzamento ascende a máis de 500.000 euros e agora está nas mans da Confederación para que os técnicos o valoren. 

O 112 activa o Plan Especial por inundacións

O 112 Galicia acaba de activar o Plan Especial para o Risco de Inundacións no Concello do Bolo no nivel de prealerta. Iso é debido a que, segundo informacións facilitadas por Iberdrola, vaise realizar unha apertura de portas da presa de Santa Eulalia polo que se espera que aumente o caudal do río podendo producirse desbordamentos puntuais no núcleo de Barxa. 

A Ponte de Barxa vaiada polo aviso de apertura da presa de Santa Eulalia