jueves. 18.04.2024
somoscomarca_obolo_barxa_puente_pueblo_2022_02_08 (1)
somoscomarca_obolo_barxa_puente_pueblo_2022_02_08 (1)

Dende o ano 2019, a Ponte de Barxa segue sendo unha das principais preocupacións do Concello do Bolo. Nesta ocasión, cada vez está máis cerca poder realizar as obras para arranxala.

Alberto Vázquez, alcalde do Concello do Bolo, explica que por mor da antigüidade do proxecto, «houbo que modificalo, adaptalo ás directrices que pedían dende medioambiente. Este era un proxecto feito no ano 2021, entón tamén hai que adaptalo os prezos actuais da construción».

Entón, por mor deste novo gasto, «dende o Concello solicitámoslle unha axuda para poder sufragar ao gasto do novo proxecto, entón, concedéronnos case 8.000 euros», explica Vázquez. Nestes intres, o orzamento «ascende a máis de 500.000 euros e agora está nas mans da Confederación para que os técnicos o valoren». 

O Concello xa falou cos propietarios de varios fincas que serían afectadas pola obra. Pero, o alcalde do Bolo asegura que as obras «non comezarían neste ano, posiblemente sexa para o ano 2025», conclúe Alberto Vázquez. 

O proxecto da Ponte de Barxa chega a Confederación