A Ponte de Barxa a espera de firmar o convenio para comezar as obras

somoscomarca_obolo_barxa_2022_02_08 (1)

Sumado a isto sacouse a licitación dúas estradas. En concreto «un tramo en Celavente e outro en Fornelos. Ambos a través do Plan Único», asegura Alberto Vázquez, alcalde do concello.

Dende o ano 2019, a Ponte de Barxa segue sendo unha das principais preocupacións do Concello do Bolo. Nesta ocasión, cada vez está máis cerca poder realizar as obras para arranxala.

«Vamos firmar un convenio de colaboración ca Confederación onde asume o 80% da obra e o resto, o 20%, vaino sufragar o Concello cos fondos que nos da a Deputación co Plan Único», explica Alberto Vázquez, alcalde do Concello do Bolo. O pago realizado pola corporación estará dividido en dúas anualidades, «unha este ano e o resto para o que vén».

A pesar de ter todo isto concretado, «non hai data prevista para a firma, ten que ir a Madrid e esperar que o aproben», asegura Vázquez. O que si está claro e que «a obra vaise realizar. Despois de asinar o convenio, sacarase a licitación e posteriormente adxudicarase a empresa. Espero que para o ano que vén estea arranxada», desexa o alcalde. 

Seguindo na liña de melloras no municipio, «estamos rematando unha obra do Agader en Vilaseco. Durante esta semana arranxaremos unha rúa e vaise rematar con outra axuda que nos deu a Deputación o ano pasado», adianta. 

Sumado a isto sacáronse a licitación dúas estradas. En concreto «un tramo en Celavente e outro en Fornelos. Ambas a través do Plan Único. Estas obras teñen que estar rematadas a finais do mes de xuño», asegura Alberto Vázquez.