martes. 17.06.2025

O PP do Bolo «alégrase» da mellora da Ponte de Barxa a pesar de non «ser a mellor solución»

Este comunicado chega despois do convenio firmado entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello do Bolo
somoscomarca_obolo_barxa_puente_pueblo_2022_02_08 (1)

O pasado 5 de setembro a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) e o Concello do Bolo daban un paso adiante coa firma dun convenio conxunto que permitiría a mellora da Ponte da Barxa. 

Tras este anuncio o Partido Popular do municipio aseguran que se «alegraban» desta decisión a pesar de non «crer que sexa a mellor solución para o noso Concello», explican mediante un comunicado de prensa. 

A maiores, fan fincapé en que o alcalde actual, Alberto Vázquez, «non pasou por ningunha dependencia da Deputación nin da Xunta a pedir esta colaboración». Ao engaden na nota: «Unicamente cando si que se lle concedeu o proxecto valorado en 8 mil euros cando se presentou o Presidente da Deputación aos diferentes alcaldes da contorna na nova sede comarcal da Deputación».

Recordar que en setembro de 2021 o alcalde Manuel Corzo, mantiña unha reunión que presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en procura de solucións. Segundo se explican no comunicado, chegárase a un acordo de construír unha nova infraestrutura onde a Administración autonómica previa financiar o 50%, a Deputación de Ourense o 25% e a Confederación Hidrográfica do Miño Sil o 25% restante, o que «supoñía un custo de cero euros para o Concello».

Por outra banda, aproveitan a nota de prensa para referirse a José Antonio Quiroga, presidente da CHMS. Asegurando así que se «negou dende esa dirección a colaborar na comisión creada para a reconstrución».

O PP do Bolo «alégrase» da mellora da Ponte de Barxa a pesar de non «ser a mellor...