viernes. 19.04.2024

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega dunha pick up o Concello do Bolo e dun equipo de excarceración​ ao GES do Barco de Valdeorras

O Concello do Bolo e o do Barco estiveron entre os dez concellos aos que a Xunta lles entregou na mañá do 1 de febreiro, en Pereiro de Aguiar, material e equipamento de emerxencias.

Pablo, Darío, Manuel Corzo e Antonio ao lado da pick-up que lle entregou a Xunta

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta mañá de unha pick-up á Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil do Bolo e un equipo excarceración ao GES de Valdeorras. No acto estivo acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; o xerente da Axega, Marcos Araújo; e da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

Alfonso Rueda saúda a Pablo López de Protección Civil do Bolo

Os concellos recibiron tres remolques de emerxencias, 4 pick-ups, dous furgóns e un equipo de excarceración. Os beneficiarios foron Allariz, Amoeiro, Os Blancos, O Bolo, Carballeda de Avia, Chandrexa de Queixa, Xunqueira de Ambía, Pereiro de Aguiar, Muíños e O Barco de Valdeorras. En total, suman un investimento de preto de 352.000 euros.



Esta entrega súmase ao investimento histórico dos últimos anos, e que xa acada os 10,5 millóns de euros en  equipamento de emerxencias cedido aos concellos galegos. Ademais da cesión de material, a Xunta mantén un compromiso activo co mantemento e financiamento dos servizos de emerxencias, como se demostra a través de exemplos como convenio dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal, aos que destinará 13,7 millóns de euros.

Membros de protección Civil e das administracións que estiveron en Pereiro de Aguiar

Este apoio vén a recoñecer tamén o labor esencial que realizan os voluntarios e voluntarias, así como os profesionais que traballan na prevención e atención ás emerxencias e contribúen así á seguridade de toda a cidadanía.

O Concello do Bolo recibe unha pick-up da Xunta de Galicia