
Será en réxime temporal e a través dunha bolsa de emprego, con duración do contrato ata o vindeiro 31 de decembro
O Boletín Oficial da Provincia ven de informar sobre a saída a concurso público dunha praza de informador turístico no Concello do Bolo, a través dunha bolsa de traballo, e que foi ratificada pola alcaldía no pasado mes de febreiro.
Esta será en réxime laboral temporal -ata o 31 de decembro- e irá asociada ao sistema de concurso de méritos. Entre os requisitos están o de ter algún dos seguintes títulos:
- Técnico superior en guia, información e asistencia turística.
- Grao ou Diplomado en turismo.
- Licenciatura en Historia da arte.
- Ciclo formativo de FP grao superior guia, información e asistencia turística.
- Habilitación como Guia turístico de Galicia ou Certificado de profesionalidade de promoción
turística local e información ao visitante.
Tamén pídese ter carnet de conducir e medio de transporte propio.
Algunhas das tarefas a desenvolver serán as de: Promocionar, difundir e dinamizar os productos e servizos turísticos locais; redacción de textos promocionais; atención de solicitudes presenciais e non presenciais de información turística; control estadístico de atencións realizadas ou colaboración coa xestión de actividades culturais, festivas, deportivas, etc. con potencial turístico.
O contrato será de 33 horas semanais con descansos establecidos en luns e martes sempre que estes non sexan festivos.
Os que desexen informarse sobre a mesma poderán facelo a través da sede electrónica do municipio https://obolo.sedelectronica.gal e no taboleiro de anuncios da vila. O prazo de presentación de solicitudes e de 10 días hábiles dende o día seguinte da publicación do anuncio que foi o venres 5 de marzo.