jueves. 28.03.2024

Lolo Andrade experto en velutina será o encargado de informar aos asistentes

Lolo Andrade, un dos maiores expertos en vespa velutina está a realizar charlas o largo e ancho de todo o territorio para dar a coñecer os importantes males que causa o insecto asiático sobre as poboacións de abellas e avespas autóctonas, sobre todo na producción de mel.

Estará o sábado, 9 de febreiro, a partir das 11:00 horas no hospitalillo de Vilariño de Conso e as 16:00 horas, no colexio do Bolo. As charlas coinciden ca menor actividade da velutina e tamén porque é moi boa época para poñerlle as trampas.

Niño de velutina en Somoza ( A Rúa)

Aseguran dende o concello do Bolo que o obxectivo da charla informativa e dar a coñecer a veciñanza como actúa e como controlar o insecto asiático, habida conta que o pasado verán fixo a súa aparición no concello.


Cartel da charla informativa do Bolo

«Esta charla vai dirixida tanto aos veciños de todo o concello, como aos apicultores e colleiteiros que son os mais afectados por esta praga. Tamen e apropiada para todos aqueles membros de protección civil da comarca que se adiquen a retirada de niños desta vespa», apuntan desde a organización.

Niños mostrados por LOlo Andrade nunha charla en Vilamartín

«Lolo Andrade é un dos maiores coñecedores da velutina, ademais de apicultor e membro de protección civil de Cambre, co cal abarca todas as facetas que nos poden interesar. Animamos a todo o mundo a participar desta charla que se fará no colexio de O Bolo o vindeiro sábado as catro da tarde», añaden os organizadores do Bolo



Son moitos un niños de velutina que se descubriron na nosa comarca nos últimos meses, así José Antonio Quiroga, xerente de Sergal, aseguraba nunha entrevista feita en Radio Valdeorras que «a velutina veu para quedarse e debemos combatir a súa propagación sin riscos e respectando o medio ambiente»

O Bolo e Vilariño de Conso acollerán charlas sobre o control da velutina