lunes. 23.06.2025

Os nenos do Bolo preparados para comezar o curso de gaita

O 5 de outubro comeza o curso de gaitas no concello do Bolo impartido polos monitores da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense. As persoas que queiran aprender a tocar a gaita e non poidan achegarse ao Bolo no Centro Social de Chandoiro impártense periodicamente clases de este instrumento.

Este ano prevese contar con 25 nenos, 15 do colexio e o resto de fora. Haberá tamén adultos aprendendo a tocar cos monitores da Escola no colexio Julio Guirriarán do Barco.

En Córgomo Raquel será a encargada de manter a actividade neste senso, e pronto, formarase unha banda que levará o nome de Leopoldo Quiroga, gaiteiro de este pobo do concello de Vilamartín

Xosé Lois Foxo atópase moi orgulloso do conseguido polos nenos durante este ano. «Despois do éxito conseguido no Certame Celtibérico celebrado en Manzaneda, danos ilusión para seguir traballando cos nenos do Bolo. A presentación dos rapaces o pasado 14 de xullo ao carón da torre da homenaxe tocando o himno do antigo reino de Galicia xunto ca Real Banda tamén foi moi bonito», declaraba Foxo a este medio.

Os nenos do Bolo preparados para comezar o curso de gaita