jueves. 28.03.2024

Elexido pola militancia, presentou unha candidatura con 10 mulleres e 7 homes baixo o lema «O Bolo 2025»

Nunha comida celebrada o sábado 2 de febreiro, nun restaurante do Bolo,
confirmouse o cuarto candidato do PSdeG PSOE de Ourense, de cara ás eleccións municipais do próximo mes de maio. A agrupación municipal socialista do Bolo elexiu a Juan Ferreira, popularmente coñecido coma Juan de O Bolo, como o seu candidato a alcaldía da localidade.

Entre os asistentes, a parlamentaria autonómica, Noela Blanco, así como os pesos pesados do partido a nivel comarcal entre os que se atopaban os alcaldes de: O Barco, Alfredo García, o da Rúa, Luis Fernández Gudiña e o de Petín, Miguel Bautista. Tamén moitos dos candidatos polo partido a diferentes concellos da bisbarra.

Juan dirixíndose as persoas que o acompañaron na presentación da súa candidatura

Juan Ferreira explicou que se presenta as eleccións porque «queremos o noso pobo e temos un proxecto para despertalo da parálise e o letargo no que o sumiu o Partido Popular. O noso equipo vai transformar O Bolo para recuperar esta vila dentro da comarca».

O voceiro socialista remarcou: «Temos que xerar emprego para fixar poboación nun concello no que a xente está cada vez máis triste, xa que deseguir nesta dinámica, moitos dos nosos pobos desaparecerán en 4 anos».

O candidato socialista apuntou: «Presentaremos unha lista moi ampla, que destaca pola gran presenza de mulleres, que son máis da metade e con moitas gañas de traballar en tódolos ámbitos e especialmente no turismo, tan abandoado polo PP, a pesares de contar con recursos únicos coma o Castelo, o santuario das Ermidas ou o viacrucis, o segundo máis importante de Europa tralo de Braga».

Juan Ferreira candidato á alcaldía do Bolo polo PSdeG-PSOE