
O Concello do Bolo comeza a retomar a actividade normal despois do entroido e, por exemplo, xa se pode aventurar unhas novas visitas guiadas ao Castelo.
O alcalde do concello, Alberto Vázquez, é o encargado de explicar que nestes intres están «preparadas as bases para sacar a concurso a licitación, agora mesmo está en intervención. A principios do mes que ben xa a sacaremos a concurso para contratar un guía turístico».
En referencia as obras do Concello, «seguimos ca ponte de Barxa. Hai que expropiar parte duns terreos para a ampliación. Unha vez que acabemos con este trámite a ver se nos aproban a financiamento para facer a obra. É un presuposto de 575.000 €».
Por outra banda, «temos metido no Plan Único arranxo de estradas. Vamos acabar a de Celavente, tamén vamos meter un tramo dunha estrada que vai de Fornelos a San Pedro», engade o alcalde.
Se queres escoitar toda a entrevista e saber máis sobre o Concello do Bolo, podes facelo aquí: