
Foi un ano marcado polas eleccións. De feito, Alberto Vázquez será alcalde do Bolo dous anos e Miguel Ángel García gobernará os dous restantes.
Alberto Álvarez fai balance dous seus primeiros meses no cargo
Os produtos locais tomaron protagonismo neste 2023 no Concello de O Bolo. Todo veu da man da I Feira Imandiña, realizada no 14 de agosto.
Coincidindo con este acto, o Concello organizou, de maneira completamente gratuíta, tres visitas guiadas ao castelo nas que veciños e visitantes puideron realizar unha apaixonante viaxe ao pasado, no que descubriron a historia da fortaleza, así como algúns dos segredos que se esconden entre as súas paredes.

Nas obras tamén foi un bo ano, Alberto Fernández, alcalde do Bolo, explica: «Terminamos varias obras que estaban sen rematar, como pode ser o amaño de estradas no que achegou diñeiro a Deputación para arranxar varios quilómetros».
Desde o Concello tamén houbo unha colaboración coa Asociación de Nai e Pais (AMPA), para poder facer actividades extraescolares. No verán, as actividades non pararon e, polo tanto, abriu as súas portas a Ludoteca de Xogos.
Realizouse durante os meses de xullo e agosto, en horario de 10.00 a 13.00 e estivo destinado a todos os nenos e nenas da vila de entre 3 e 12 anos. Durante este tempo foron cambiando cada semana de actividades, desta maneira fíxose moito máis dinámico.

A Asociación de Mulleres do Rural tamén foi outra das encargadas de facer actividades en colaboración co Concello. «Neste momento estamos co curso de Ioga, durante dous días a semana. Tamén tivemos non mes de outubro un curso de elaboración de envasado de conservas», comenta Fernández.
«O fin adquirimos o tractor para a limpeza de camiños, pistas e prevención de incendios. Isto foi en colaboración coa Consellería do Medio Rural e a Deputación de Ourense», conta alegremente o alcalde do Bolo.

Con axuda da Xunta de Galicia, tamén se están arranxando os vestiarios do pavillón. «Xa sacamos a licitación, con outra axuda, para a instalación dun ascensor non Concello», explica Alberto Fernández, aínda que esta obra xa comezaría a ter os seus primeiros froitos no ano 2024.
O 2024 do Concello de O Bolo
A Ponte de Barxa, será arranxada despois de que se danase hai xa 4 anos. «Estamos agora falando coa Confederación Hidrográfica e coa Deputación, para saber dánsenos unha subvención», explica o alcalde, quen non se esquece de seguir arranxando estradas.
Despois seguirán facendo actividades, feiras e, tamén, pretenden seguir traballando para facer actividades no Entroido.