O Concello do Bolo tivo a súa fin de semana máis deportiva centrada na orientación
A chuvia e o frío non puideron coas ganas de 200 deportistas que na xornada do sábado e o domingo se achegaron ao Bolo para participar nas xornadas de orientación, a pé e en bicicleta
O Bolo acolleu esta fin de semana dúas probas dedicadas a orientación, todo un éxito estes dous días. Na II proba da Liga Galega de Orientación a pe, había unhas 200 persoas anotadas, das calas 40 eran da zona de Valdeorras. Tamén foron alumnos de diferentes colexios. En cambio, na I proba da Liga Galega de Orientación en Bicicleta de montaña, que se celebra mañá son arredor de 60 participantes.
Como sempre, o percorrido era un segredo para todas as persoas, fíxoselle entrega dun mapa e a partir de aí quedaban soas para chegar ao punto de meta. O facerse deste xeito axuda a que os nenos tamén comprendan que poden equivocarse e volver sobre os seus pasos.
Ao remate os participantes cos que falaban coincidían no mesmo, o percorrido «espectacular», ainda que moi técnico e duro debido as baixadas e subidas do trazado.
Este é un deporte que non solo se centra na parte física, tamén se require ter unha parte mental moi forte para poder chegar a meta, que neste caso foi a zona do colexio do Bolo. A saída, en cambio, foi case enfronte do Concello.
,Falamos con Miguel García, concelleiro e tenente de alcalde do Concello do Bolo.
O centro de competición ía ser na porta do colexio, pero por mor do tempo cambiárono para o pavillón. Deste xeito, prevíase que se as persoas participantes chegaban molladas se puideran cambiar.
Declaracións do alcalde do Bolo, Alberto Vázquez; da presidenta da Federación Galega de Orientación, Sonia Gómez; da concelleira Mayra Martínez, de Javier o deseñador do percorrido e dos deportistas e afeccionados.
Ao remate un caldo quentiño no pavillón foi a guinda que coroou o pastel deportivo.
Declaracións dos participantes do domingo na 1ª Prueba XXII Liga Gallega MTB-O. IIº Trofeo O-BOLO de MTB-O