domingo. 21.04.2024

O Bolo acolleu esta fin de semana dúas probas dedicadas a orientación, todo un éxito estes dous días. Na II proba da Liga Galega de Orientación a pe, había unhas 200 persoas anotadas, das calas 40 eran da zona de Valdeorras. Tamén foron alumnos de diferentes colexios. En cambio, na I proba da Liga Galega de Orientación en Bicicleta de montaña, que se celebra mañá son arredor de 60 participantes. 

somoscomarca_240224_obolo_deporte_orientacion (45)

Como sempre, o percorrido era un segredo para todas as persoas, fíxoselle entrega dun mapa e a partir de aí quedaban soas para chegar ao punto de meta. O facerse deste xeito axuda a que os nenos tamén comprendan que  poden equivocarse e volver sobre os seus pasos. 

somoscomarca_240224_obolo_deporte_orientacion (5)
A piques de saír

Ao remate os participantes cos que falaban coincidían no mesmo, o percorrido «espectacular», ainda que moi técnico e duro debido as baixadas e subidas do trazado.

somoscomarca_240224_obolo_deporte_orientacion (38)

Este é un deporte que non solo se centra na parte física, tamén se require ter unha parte mental moi forte para poder chegar a meta, que neste caso foi a zona do colexio do Bolo. A saída, en cambio, foi case enfronte do Concello. 

,Falamos con Miguel García, concelleiro e tenente de alcalde do Concello do Bolo.

 

 

O centro de competición ía ser na porta do colexio, pero por mor do tempo cambiárono para o pavillón. Deste xeito, prevíase que se as persoas participantes chegaban molladas se puideran cambiar. 

somoscomarca_240224_obolo_deporte_orientacion (55)
Servindo o caldo aos deportistas

Declaracións do alcalde do Bolo, Alberto Vázquez; da presidenta da Federación Galega de Orientación, Sonia Gómez; da concelleira Mayra Martínez, de Javier o deseñador do percorrido e dos deportistas e afeccionados.

Ao remate un caldo quentiño no pavillón foi a guinda que coroou o pastel deportivo.

Declaracións dos participantes do domingo na 1ª Prueba XXII Liga Gallega MTB-O. IIº Trofeo O-BOLO de MTB-O

 

O Concello do Bolo tivo a súa fin de semana máis deportiva centrada na orientación