miércoles. 06.12.2023

«Está moi rica!» dicían os máis de 100 comensais que se reuniron en torno a tres grandes paellas no pavillón polideportivo do Bolo neste sábado 12 de agosto. Tamén houbo degustación de xamón e de sobremesa o doce típico desta zona, a bica.

Con esta «paella popular» comezan as festas na honra da Nosa Señora que rematarán o 16 de agosto. Mañá estará no recinto do castelo o Mago Teto cque coas súas habilidades deixará abraiado a máis dun nano e aos non tan nenos.

O luns 14 celebrarase a «I Feira Irmandiña do Bolo», na que a partires das 11.00 horashaberá un mercado de produtos tradicionais e de artesáns no que non faltará o bo mel das terras bolesas. A noite verbena con «Disco Danzalia, a Pimentoneta»

O martes 15 de agosto día grande  con misa e procesión na honra da Virxe da Inmaculada con pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas Abertal que tamén tocará na procesión. Pola tarde e a noite o grupo Yukatán amenizará a velada e ao remate da verbena «Disco Danzalia, a Pimentoneta»

O 16 rematan os festexos. Os da charanga La Tatto espertarán aos mozos que andiveron de troula a noite anterior co seu pasarrúas e xa pola tarde e na verbena actuación da orquestra Galilea.

O Bolo celebrou unha paella popular como artesá da festa grande da Nosa Señora