martes. 17.06.2025

Arde una palleira en Valdanta (O Bolo)

As lapas consumiron toda a estrutura quedando só as vigas e o teito. Non houbo que amentar danos persoais
somoscomarca_240316_obolo_incendio_valdanta (4)

O incendio  comezou pasadas ás 17.00 horas, do martes 19 de marzo. Foi o propietario da vivenda quen se puxo en contacto co servizo de emerxencia 112 Galicia explicando que «hai moitas cousas e está moi preto das casas»,  informaba.

somoscomarca_240316_obolo_incendio_valdanta (3)

Desde o Centro Integrado de Emerxencias de Galicia, CIAE 112, os xestores daban aviso a Bombeiros da Rúa, GES da Veiga. Garda Civil e Protección Civil do Bolo que se achegaron a Valdanta, parroquia do concello do Bolo.

somoscomarca_240316_obolo_incendio_valdanta (1)

No momento de redactar a nova estase a enfriar a zoa onde se prendeu o lume. A edificación estaba reformada e na planta baixa a topábanse a caldeira e o depósito de gasoil que quedaron calcinados. Na parte alta había almacenado mobles, roupa e diversos aparellos que tamén arderon.

somoscomarca_240316_obolo_incendio_valdanta (2)

Da palleira segundo puido saber Somos Comarca quedaron as vigas e pouco máis. Iso si, non houbo que lamentar danos persoais.

Arde una palleira en Valdanta (O Bolo)