
O Concello do Bolo acollía un acto da Deputación, a través do Inorde, foi o encargado de organizar o acto de entrega dos diplomas e placas de "Compromiso de Calidade Turística" a estes 10 servizos turísticos do destino “Trevinca-Valdeorras”, logo de ser aprobados pola Mesa da Calidade do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino.
Os servizos distinguidos, na recepción no Castelo do Bolo —un dos que logrou esta certificación—, son: a Bodega Roandi do Barco de Valdeorras; no apartado de aloxamentos rurais están Eido das Estrelas, Eido do Trisquel, O Trisquel, todos eles da Veiga e Pacio do Sil da Rúa; a empresa de turismo activo Terras Altas de Trevinca da Veiga, os hoteis Pena Trevinca e Pazo do Castro -que tamén adheriu ao restaurante- de Carballeda de Valdeorras e do Barco de Valdeorras, respectivamente.
Participou o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou esta tarde no Castelo do Bolo, xunto ao alcalde do municipio, Alberto Vázquez; e ao director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, na entrega destas distincións que dá boa conta do «doce momento» que está a vivir o turismo provincial e, especialmente, na comarca de Valdeorras.
O presidente provincial felicitou aos servizos turísticos distinguidos por acadar este recoñecemento e ser pioneiros nesta comarca nesta distinción. Así mesmo, animounos a continuar traballando pola calidade do destino e ao resto de empresas que operan no xeodestino a que se sumen a este Compromiso de Calidade Turistica.