jueves. 22.02.2024
somoscomarca_obarco_obradoirodeempleo(4)_2023
A Xunta concede o Obradoiro de Emprego “Valdeorras embelece III" a O Barco, Petín e Vilamartín

A consellería de Promoción de Emprego e Igualdade aprobou ao Concello do Barco a solicitude presentada para o desenvolvemento dunha nova edición do Obradoiro dual de emprego, que comezará o próximo mes de novembro.

O obradoiro desenvolverase nos concellos do Barco, Petín e Vilamartín, terá unha duración dun ano e conta cunha subvención de algo máis de 531.000 para o seu desenvolvemento, ademais doutros 12.000 euros para incentivos á contratación.

O obradoiro, denominado “Valdeorras embelece III”, formará a 20 alumnos/as traballadores/as, distribuídos nas especialidades formativas de auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, na que haberá 12 alumnos; e traballos de carpintería e moble, con 8 participantes. Para o obradoiro seleccionarase tamén un director/a, dous profesores/as de xardinería, un/a de carpintería, un/a de formación dual e un/a administrativo.

Os obxectos de actuación, para a súa execución no desenvolvemento do proxecto son, no municipio do Barco de Valdeorras, o acondicionamento de zonas axardinadas no núcleo do Barco; o valado de parques infantís no municipio; a substitución ou reposición de bancos de madeira en espazos públicos; e a fabricación e colocación de 10 cobre contedores no concello.

En Vilamartín de Valdeorras os traballos previstos son os de valado de parqués infantís no concello; a fabricación e colocación de 15 cobre contedores no municipio; e substitución ou reposición de bancos de madeira en espazos público; e o acondicionamento de xardíns de diversos núcleos do municipio.

No Concello de Petín procederase ao acondicionamento e ampliación do Paseo do Malecón; e á poda en xardíns de diversos núcleos no municipio. As persoas que queiran participar como alumnado deberán dirixirse á Oficina de Emprego do Barco, na que deberán cubrir unha ficha ao efecto, xa que o proceso de selección do alumnado deberá realizarse por medio desta oficina.

A Xunta concede o Obradoiro de Emprego “Valdeorras embelece III" a O Barco, Petín e...