lunes. 05.12.2022

Xornadas sobre aspectos prácticos da normativa forestal no Barco e Manzaneda

O programa inclúe aspectos da lexislación en materia de montes relativos a repoboacións forestais, cambios de actividade, aproveitamentos de madeira e permisos de corta

somoscomarca_viloira_casagrande_jardines_partetrasera_2022 (10)
Xornadas sobre aspectos prácticos da normativa forestal no Barco e Manzaneda

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto realizar no Barco de Valdeorras e en Manzaneda senllas xornadas sobre aspectos prácticos da normativa forestal. Organizadas polo Servizo de Montes de Ourense, a primeira terá lugar na Casa Grande de Viloira o próximo venres 25 de novembro e a segunda na Casa do Concello de Manzaneda o luns 28, ambas en horario de 16,00 a 20,00h.

Con estas accións formativas preténdese abordar como lle afecta á poboación do medio rural a normativa vixente en materia de montes e prevención de incendios forestais, centrándose nos procedementos máis habituais que a maioría dos habitantes desas contornas van necesitar levar a cabo nalgunha ocasión.

­Nese senso, o programa inclúe aspectos da lexislación en materia de montes relativos a repoboacións forestais, cambios de actividade, aproveitamentos de madeira e permisos de corta. No que respecta aos incendios, abordaranse as obrigas de xestión de biomasa, os usos do lume e permisos de queima e as actividades en terreos queimados.

Estas formacións están dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2022 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente nesta páxina poden atoparse os referidos cursos e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 988 386 706, ou enviarse un correo a [email protected]

Xornadas sobre aspectos prácticos da normativa forestal no Barco e Manzaneda