domingo. 08.06.2025

Os alumnos do colexio Julio Gurriarán e Ramón Otero Pedrayo disfrutan dunha xornada de xadrez

Arredor de 36 alumnos desfrutaron de este campionato que sirve como adestramento para que podan acudir a Xogade o próximo 11 de maio
somoscomarca_240503_obarco_juliogurriaran_ajedrez25

O xadrez segue sendo un deporte que cada día é máis atractivo. Para seguir fomentando o interese por este deporte fanse actividades como a de este tres de maio no colexio Julio Gurriarán. 

Durante toda unha xornada os alumnos de sexto, quinto e cuarto de primaria puideron desfrutar desta actividade. «É o primeiro ano que se fai nestas categorías no Barco, esperemos que na seguinte temporada de Xogade se poda facer algunha máis e acoplar outros centros», desexa Tinin González, presidente do Club de Atletismo Adas Barco. 

somoscomarca_240503_obarco_juliogurriaran_ajedrez26

A pesar de ser a primeira edición, «está sendo todo un éxito, temos uns 36 rapaces», explica González. O principal obxectivo desta xuntanza é que sirva como «adestramento para que se acostumen a xogar con reloxo e unha certa organización para que non comentan faltas». 

Para que sexa o máis educativa posible cóntase coa axuda de dous membros do Club de Xadrez, Nardo e Iago, «que son os encargados de organizar todo isto», asegura González. 

somoscomarca_240503_obarco_juliogurriaran_ajedrez27

O plan que se seguiu foi o de "liguilla" que se «crea a partir dos resultados que se van dando. Saen emparellamentos para facer entre cinco ou seis partidas durante toda a mañá».

En base a isto preténdese que «a semana que vén, como mínimo do Julio Gurriarán e algún do Otero Pedrayo, que son os que participan aquí, participen no Xogade provincial do día 11 de Ourense».

 

Os alumnos do colexio Julio Gurriarán e Ramón Otero Pedrayo disfrutan dunha xornada de...