martes. 16.04.2024

Manuel Heredia: «O noso comercio sobrevive e avanza grazas ao consumo que se fai no comercio local»

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou no sorteo da iniciativa 'Mercar no teu comercio ten premio', organizada a nivel autonómico pola Federación Galega de Comercio e coa colaboración neste caso da Asociación Empresarial de Valdeorras —Aeva—

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou no sorteo da iniciativa 'Mercar no teu comercio ten premio', organizada a nivel autonómico pola Federación Galega de Comercio e coa colaboración neste caso da Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva).

Tamén anunciou que os comerciantes poden sumarse xa ao programa do Bono Activa Comercio, con descontos de 30 euros na que os consumidores poderán descargar a partir do 30 de novembro.

somoscomarca_obarco_ederaciongalegadecomercio_premio_2022 (2)

A entrega de premios do sorteo da iniciativa 'Mercar no teu comercio ten premio', organizada a nivel autonómico pola Federación Galega de Comercio e coa colaboración neste caso da Asociación Empresarial de Valdeorras —Aeva—, tivo lugar onte, 14 de outubro, na Praza Andrés de Prada do Barco.

somoscomarca_obarco_ederaciongalegadecomercio_premio_2022 (1)

Ademais do O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, estiveron presentes a presidenta de AEVA,  Araceli Fernandez, o presidente do CCA Jacobo Arias, o concelleiro de Turismo e Comercio do Barco, Eladio Santos e a representante da Federación de Comercio no Barco , Rosario López.

Todos e cada un deles saliantaron a importancia do comercio local nos tempos que corren xa que é «un elemento imprescindible nas rúas» e motor das economias das vilas.

somoscomarca_obarco_ederaciongalegadecomercio_premio_2022 (6)

Jacobo Arias, presidente do Centro Comercial Aberto do Barco despois dos agradecementos, expresou:« Dar as gracias a toda a xente por todo, por comprar no comercio local porque ao final somos os que facemos que esto poida sobrevivir». « Dar as gracias a xunta por facer esta campaña que a verdade é que foi un éxito, aos diferentes colaboradores, tamén. E que sigamos ter máis eventos destes que son os que máis fan que a economía local se mova».

somoscomarca_obarco_ederaciongalegadecomercio_premio_2022 (3)

Eladio Santos, concelleiro de Turismo e Comerco do Barco, mostrou o seu apoio incondicional ao comercio de proximidade. «Da gusto ver que as actividades que promove o comercio local sempre teñen éxito, animación e ademais son entretidas. Porque o comercio local, o comercio do Barco, non so é economía e non só hai que apoialo porque nos apoiamos a nos mesmos senón que dinamiza socialmente o Barco, anima as nosas rúas e tamén anima as nosa vidas. Pasear polo Barco da gusto con respecto a outra vilas  de Galicia polos comercios e establecementos que están abertos e iso nos permite  mercar  produto de calidade con trato totalmente personalizado e ademais ter relacións sociais. Me encanta que o sector do comercio do Barco teña ese dinamismo sempre inquieto  facendo, propostas e sempre buscando alternativas e novas ideas para dinamizar o comercio e servir ao cliente que é o que realmente o que lle gusta. Enhoraboa comercio!».

Manuel Heredia, ddirector xeral de Comercio, aAgradeceu ás «autoridades»  a súa presenza. «Ao concello, á Federación de Comercio, ás asociacións de comerciantes e sobre todo aos principais protagonistas  que sodes vostedes e os comerciantes que se ven  beneficiados no só desta iniciativa senón tamén da dinamización que se está levando a cabo mercando os produtos no comercio de proximidade. O noso comercio sobrevive e avanza grazas ao consumo que se fai no comercio local e por eso a Xunta promove esta actividade que se denomina Galicia ten premio que se leva a cabo en diversas vilas de Galicia».

Manuel Heredia: «O noso comercio sobrevive e avanza grazas ao consumo que se fai no...