martes. 24.06.2025

Este sábado comeza a venda das entradas da XXII Festa do Botelo do Barco

Poderanse conseguir no Teatro Lauro Olmo
Este sábado comeza a venda das entradas da XXII Festa do Botelo do Barco

Cada vez falta menos para a "febre do Botelo". Este sábado, 13 de xaneiro comezará a venda das entradas para a  XXII edición da Festa do Botelo. O Teatro Lauro Olmo será o encargado de acoller a todas as persoas que se queiran acercar para facerse coa sua. 

A partir as 9:00 da mañá dese mesmo día, abriranse as portas do Teatro Lauro Olmo para dar comezo a venda de entradas. Dende o Concello recordan que só se poderá comprar 10 entradas como máximo por persoa. Tamén se deberá ter en conta que a venda é por rigoroso orde de chegada ao Teatro. 

Para que non existan problemas, habilitarase un sistema de entrega de números segundo se vaia chegando ao lugar acordado, esto xa recorda a anos anteriores. En total venderanse 1.150 entradas, a 25 euros cada unha.

Este sábado comeza a venda das entradas da XXII Festa do Botelo do Barco