martes. 03.06.2025

Os representantes do Barco nos XV Xogos do Eixo son recibidos no Concello

O alcalde, Alfredo García, e o concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso, felicitaron aos deportistas polos éxitos acadados
recepciondeportistaseixo (2)
Os representantes do Barco nos XV Xogos do Eixo son recibidos no Concello.

Do mesmo xeito que no inicio dos Xogos do Eixo, as portas do Concello do Barco abríronse para recibir aos deportistas participantes tras os éxitos que acadaron nas súas competicións esta tempada. O baloncesto e o atletismo foron os deportes estrela dos representantes do Barco. 

recepciondeportistaseixo (1)

O alcalde barquense, Alfredo García, e o concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso, foron os encargados de recibir a algúns dos integrantes do Club ADAS e do Muebles Victoria de baloncesto no salón de actos do Concello. 

recepciondeportistaseixo (4)

Os representantes do Barco nos XV Xogos do Eixo son recibidos no Concello