Remata a obra de mellora do Cemiterio do Barco, co arranxo da zona civil
Esta semana remataron as obras de mellora do Cemiterio Municipal do Barco, que se prolongaron, en catro fases, ao longo de tres anualidades. A inversión realizada neste espazo, ata completar todos os traballos de remodelación, ascendeu a case que 130.000 euros.
As obras consistiron na substitución de todo o chan das zonas máis antigas do cemiterio, nas que se colocou o mesmo taco de pedra que o elixido para as ampliacións realizadas anteriormente. Tamén se melloraron todas as canalizacións de auga e sumidoiros, así como os parterres de plantas e flores existentes no recinto.
A última fase do proxecto foi a mellora do cemiterio civil, un pequeno espazo no que se colocou o novo chan, ademais de facer unha profunda limpeza de todo o entorno e das árbores situadas ao seu carón.
Coa terminación dos traballos nesta zona dáse por rematado o proxecto, co que se conseguiu, según indica o concelleiro delegado do servizo do Cemiterio, Jesús Jares “que todo o recinto estea nunhas condicións moi boas”, co mesmo aspecto nas súas diferentes partes.