Presentadas no Barco as xornadas gastronómicas, «terceiro gran evento enogastronómico do inverno»

Presentadas no Barco as xornadas do gastronómicas, «terceiro gran evento enogastronómico do inverno»
Os concelleiros de Turismo, Eladio Santos e de Cultura Margarida Pizcueta presentaban no Concello do Barco as «II Xornadas Gastronómicas do Botelo e Cocido Valdeorrés» que se alongarán até o 19 de febreiro

Desde o Concello do Barco propuxéronse encher con eventos gastronómicos o tempo que vai desde Reis até o Entroido. Á Ruta de pinchos «O Barco vai de Viños», estreada onte e que se alonga até a véspera da Festa do Botelo, súmase a das «II Xornadas gastronómicas do botelo e cocido valdeorrés» que rematarán en tempo de Entroido, o 19 de febreiro.

Eladio Santos, concelleiro de Turismo e promoción Económica» sinalaba na presentación destas xornadas que «é o terceiro gran evento gastronómico do inverno enogastronómico do Barco». Puxéronse en marcha o pasado ano en «ausencia obrigada da Festa do botelo»,  e segundo o concelleiro «funcionou ben». Os restaurantes quedaron contentos, despacháronse moitas racións de cocido e botelo, así no lo deixaron claro e de feito todos os que participaron o ano pasado repiten este, e incluso algún máis», subliñou.

Son 18 restaurantes do Barco e de fora do concello os que servirán entre o 21 de xaneiro e o 19 de febreiro cocido valdeorrés e botelo. «Enlaza despois de Reis a ruta dos pinchos, a Festa do Botelo e as xornadas, eventos gastronómicos entre Nadal e Entroido», declarou Santos.

Ademais dos restaurantes, bares e casas de  comida do Barco uníronse outros de Concello limítrofes. Hai un restaurante en Sobradelo e dous de Vilamartín que servirán cocido e botelo ese período.

Recordou o concelleiro que os que se queden sen sitio no pavillón poden ir aos restaurantes que «é o que nos interesa a nos, á economía e dinamizar un pouco a hostaleira». Sinala que o sábado 21, en torno a 2200 persoas estarán comendo botelo no Barco ademais dos que o coma nas súas casa.

Consolidada a Festa do botelo «é importante que estes eventos gastronómicos se prolonguen no tempo e que non só sexa a festa senón que se continúe atendendo a demanda do botelo».  Tamén haberá degustacións e catas de viño de Valdeorras.

Vigo e A Coruña terán Festa do Botelo

A concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, presente no acto subliñou, «parécenos importante que as xornadas o pasado ano foran un éxito e que os restaurantes estiveran dispostos a repetir porque é unha maneira de alongala no tempo». E fixo fincapé en que a Festa do Botelo tamén se fai na Coruña e en Vigo.

Agradeceulle aos establecementos hostaleiros a súa implicación e animou aos que quedan sen participar que aínda están a tempo de facelo. «Parabéns aos restaurantes por participar e se algún queda así que se animen aínda están a tempo.