lunes. 23.06.2025

Pechado o acceso ao Barco pola Proba

As obras de mellora que se están a facer na N-534 para eliminar as filtracións de auga debaixo da ponte do tren manteñen o tramo entre a rotonda da Raña e a da Proba pechado
somoscomarca_2408021_obarco_cortada_aproba343
Pechado o acceso ao Barco pola Proba

O acceso ao Barco desde a rotonda da entrada ao Parque Industrial da Raña, na parroquia da Pobra, no termo municipal do Barco estará pechado ao tráfico durante, a lo menos esta mañá.

As obras que está a facer o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible na N-534, por mor das obras de mellora que realiza Conservación de Estradas do Estado para eliminar filtracións de auga na zona baixo a vía do tren, son o motivo.

Recordar que estas filtracións do regadío xa provocaron o pasado ano un desprendemento da zona e se seguen a producirse, segundo nos conta un dos técnicos poden causar danos na estrutura da rede viaria.

somoscomarca_240821_aproba_n536_ponteviatren
N-536, na parroquia da Proba, onde se está a realizar a tala de chopos

Ademais, aproveitando o corte estanse a talar os chopos de grandes dimensións que se atopan entre a vía do tren e a estrada xa que supoñen un perigo tanto para os viandantes, como para ámbalas dúas vías de comunicación.

Segundo aseguran desde o concello, «o corte está perfectamente sinalizado por Conservación de Estradas, e o tráfico estase a desviar polas rúas Río Miño e Río Galir, en dirección á Rúa, e pola N-120, en dirección ao Barco».

somoscomarca_2408021_obarco_cortada_aproba346
Tramo de estrada entre Veigamuiños e A Proba

Recordar asemade, que o tramo entre Veigamuiños e a Proba tamén está en obras a causa da canalización da auga que se acometía hai uns días, atopándose os condutores en algúns lugares con estreiteces.

Porén as persoas que está mañá saían cara O Barco desde o centro do núcleo urbano da Proba, non tiñan ningunha sinalización polo que se atoparon ca rúa pechada unha vez chegaron ao punto das obras. Incluso algún veciño asegurou recibir un apercibimento da Garda Civil de Tráfico.

Pechado o acceso ao Barco pola Proba