domingo. 03.08.2025

O Patio de Leni enche de música o Paseo do Malecón na segunda cita do ciclo Terrasón

O grupo local conquistou ao público co seu directo dentro dos Concertos do Xacobeo, na sesión vermú deste domingo 3 de agosto
somoscomarca_20250803_obarco_malecon_terrason_elpatiodeleni (2)
somoscomarca_20250803_obarco_malecon_terrason_elpatiodeleni (2)

Este domingo 3 de agosto, o Paseo do Malecón do Barco acolleu a segunda cita do ciclo Terrasón, integrado nos Concertos do Xacobeo, cunha sesión vermú animada e chea de música da man de O Patio de Leni. O grupo, de orixe local, subía ao escenario ás 13.00 horas para ofrecer un concerto único e irrepetible, como todos os seus directos, cheos de autenticidade e conexión co público.

somoscomarca_20250803_obarco_malecon_terrason_elpatiodeleni (1)

Baixo un sol intenso e con copa na man, os asistentes gozaron e corearon os temas da banda con entusiasmo. A calor non impediu que o ambiente fose festivo e cheo de enerxía, grazas á entrega do grupo, que leva case tres anos subindo a escenarios da comarca, tanto en espazos abertos como en locais, ben en solitario ou compartindo cartel con outras bandas.

somoscomarca_20250803_obarco_malecon_terrason_elpatiodeleni (4)

Membros da asociación AMAVA, o seu repertorio abrangue clásicos do pop-rock dos anos 80 e 90, sen esquecer temas máis actuais e algunha composición propia, ofrecendo así unha proposta variada e atractiva para públicos diversos.

 

O ciclo Terrasón continúa co seu compromiso de levar a música ao longo do Camiño de Inverno, e tras esta segunda parada no Malecón (á altura da pasarela), a próxima cita será o 8 de agosto, tamén no Paseo do Malecón pero na zona de Correos, coa actuación de Ángela González. Unha nova ocasión para seguir gozando da música en directo neste verán cultural vinculado ao Xacobeo.

O Patio de Leni enche de música o Paseo do Malecón na segunda cita do ciclo Terrasón