O PSdeG-PSOE reuníase na tarde do 24 de xaneiro coa Xunta do persoal do Hospital Comarcal de Valdeorras. Tras finalizar este encontro, Carmen Rodríguez Dacosta, cabeza de lista socialista nas eleccións autonómicas na provincia, Aurentino Alonso, deputado provincial socialista pola comarca de Valdeorras e Eladio Santos Martínez, candidato socialista pola provincia de Ourense, facían balance de todo o que se falara co persoal.
«O goberno do PP puxo en marcha un plan integral de desmantelamento deste hospital para convertelo nun centro de saúde, nun ambulatorio, multiplicando as derivacións cara Ourense, xa sexa para operacións cirúrxicas como para unha atención especializada», aseguraba Rodríguez Dacosta.
Outra das preocupacións que mostras os e as socialistas segundo explicado pola cabeza de lista socialista e que «as persoas que habitan na comarca de Valdeorras teñen que facer polo menos tres desprazamentos para realizar esas probas diagnósticas».
«Os socialistas e as socialistas temos un plan de apoio a este Hospital Comarcal, tanto de infraestruturas como de servizos médicos e non médicos, para que a situación reverta. Es un plan integral para que os hospitais comarcais sexan o que sexan, non un centro de saúde», engadía Rodríguez.
Santos, tamén reivindica que os valdeorreses «estamos moi orgullosos no noso Hospital, levamos máis de 40 anos loitando por el. Aínda que estos anos máis, a perde de servizos xa é grave».
O candidato socialista pola provincia considera que esta é unha «comarca con actividade económica, dinámica, con grande actividade. Queremos ter uns servizos sanitarios acorde o que somos nos». Eladio Santos, fai referencia a tres necesidades concretas que se teñen dende o Hospital, «a primeira é a estabilización do persoal, planificación dos empregos futuros, non con remendos segundo se vaian tendo eleccións. E, por último, mellorar a capacidade de autonomía».
Pola súa banda, Aurentino Alonso, mostraba a súa preocupación, xa que «a reivindicación que se fai dende a xunta de persoal sexa que nos manteñan o que tiñamos no 2009». Dende o partido socialista, teñen claro que esta é unha comarca moi envellecida. «Temos 10 residencias de anciáns, somos unha comarca periférica e rural», explica Santos.
Pero a súa explicación non queda aquí, xa que cree que existe unha desigualdade coa zona a causa de «non ter os mesmos servizos que outros lugares que están máis céntricos».