jueves. 28.03.2024

«O obxectivo de axudar aos compañeiros e compañeiras e por extensión ao noso alumnado e familias foi acadado»

O IES Lauro Olmo de O Barco, representado por Alberto Vega, profesor de tecnoloxía e coordinador TIC do centro, participou recentemente nas xornadas de Educación Dixital 20-21 organizadas polo CAFI - centro autonómico de formación e innovación - da Consellería de Educación. O traballo do dinamizador das novas tecnoloxías foi seleccionado xunto co doutros dezaseis docentes para formar parte dun panel de experiencias educativas dixitais que pretende aportar ideas a todo o profesorado nun contexto no que a formación semipresencial e a distancia ten especial relevancia.



Aínda que a maior parte das experiencias dixitais achegadas estiveron dirixidas ao alumnado, o traballo do docente do IES Lauro Olmo estivo enfocado principalmente en axudar ao profesorado nun complicado inicio de curso. Por iso dende o mes de setembro a maior parte de membros do claustro do centro traballou a distancia con varios curso. Titoriais instalados na aula virtual do instituto e con contacto permanente mediante conexións semanais por videoconferencia. Rematado o traballo, a experiencia está aberta a toda a comunidade educativa galega a través do portafolio Agueiro.

Tal como conta o propio autor, “o obxectivo de axudar aos compañeiros e compañeiras e por extensión ao noso alumnado e familias foi acadado, pero se pode servir de axuda a outros centros de ensino moito mellor”. O traballo, que trata de explicar como construir e dinamizar un espazo virtual de aprendizaxe no entorno corporativo moodle e como empregar as ferramentas de comunicación síncrona e asíncrona proporcionadas pola Consellería de Educación, está dispoñible en aberto e con licenza CC a través da páxina web www.ieslauroolmo.gal e da aula virtual do centro.



O obxectivo para o vindeiro curso, ademais da implantación do proxecto Edixgal no instituto, será elaborar unha guía TIC para alumnado e familias en formato de pequenos vídeos, agardando contar coa colaboración da comunidade educativa do centro e de calquera que queira achegar o seu gran de area ao proxecto.


O IES Lauro Olmo participou nun proxecto dinamizador das novas tecnoloxías