miércoles. 31.05.2023

 

[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph]Aparece un home no escenario do Teatro Lauro Olmo, grande, con barba e cunha vestimenta, que ben nos pode recordar á de hai 40 anos. O mais cativos pensan que é Papa Noel, que chega cuns días de retraso. Pero na memoria popular, os de maior idade saben quen é: O Apalpador. Este carácterístico personaxe autóctono de Galicia non ven en trineo, nin come galletas con leite, pero tamén trae a felicidade aos nenos e nenas da nosa comunidade autónoma.

Este ano, durante a súa visita ao Barco de Valdeorras contou a súa historia a todos os que se achegaron a velo. En 60 minutos os presentes puideron averiguar a súa orixe, a qué se dedica e o seu día — que é o máis importante do ano—. Ademais no seu discurso tamén incluíu unha temática ecoloxista e fixo apelación ao consumismo imperante nestas datas.

Esta iniciativa de recuperar a figura do apalpador naceu no seo da asociación Gentalha do pichel de Santiago de Compostela. O proxecto consiste e percorrer os teatros da nosa comunidade autónoma, coa fin de devolverlle ao apalpador a relevancia que antano tivera na sociedade galega.

A acollida está sendo estupenda, aínda que ao principio os rapaces miran a este personaxe con un pouco de reparo, un par de contos bastan para que simpaticen totalmente coa figura do Apalpador.

Entrevista completa feita ao Apalpador:

[/double_paragraph] [/row]

O Apalpador visita o Teatro Lauro Olmo