viernes. 30.05.2025

De Nai a Nai pon en marcha a Rede de Amigos da Lactación Materna no Barco

Esta iniciativa chega tras a declaración do municipio como Cidade Amiga da Lactancia Materna. Agora os establecementos que o desexen poden formar parte desta rede para «visibilizala e fomentar esta práctica»
undefined
De Nai a Nai pon en marcha a Rede de Amigos da Lactación Materna no Barco.

O Barco de Valdeorras é Cidade Amiga da Lactancia Materna dende hai dous meses. Así decidiuse na sesión plenaria do mes de abril, tras recibir a proposta dende a Asociación De Nai a Nai. Agora, unha das primeiras accións que se enmarcan dentro desta declaración é o proxecto "Rede de Amigos da Lactación Materna no Barco"

Todas as empresas que desexen adherirse comprometeranse a acoller no seu local e a ofrecer unha cadeira cómoda ás mulleres lactantes que precisen un lugar para amamantar, «sen compromiso de consumir ou comprar nada. Tamén comprométense a non emitir ningún xuízo de valor ou consello en contra da lactación». 

Para que as mulleres poidan identificar estes espazos amigos da lactancia materna, colocarán unha pegatina identificativa nun lugar visible dende o exterior. Dous locais do Barco xa se adheriron: A Casiña e a Clínica Valdopé. 

undefined

O obxectivo é forxar vínculos entre entidades públicas, empresas, asociacións e veciñanza interesada, para visibilizar a lactación materna nos espazos públicos e fomentar esta práctica. Tamén búscase xerar ambientes máis amigables coas nais lactantes porque «as crianzas teñen dereito a ser amamantadas cando sexa necesario. É algo instintivo nos bebés, pero para as nais é algo que se aprende». 

De Nai a Nai pon en marcha a Rede de Amigos da Lactación Materna no Barco