sábado. 31.05.2025

Un mural sobre a lactancia materna ilustrará unha parede cedida polo Concello do Barco

A encargada deste traballo será a artista barquense Patricia Fernández, que comezará a pintura esta fin de semana. Estará situado na zona dos centros escolares
mural_lactanciamaterna_denaianai
Boceto do que será o mural elaborado pola artista barquense Patricia Fernández.

O Barco de Valdeorras converteuse en Cidade Amiga da Lactancia Materna a través dunha declaración conxunta dos tres grupos políticos no pleno ordinario do pasado mes de abril. Faino en colaboración coa Asociación De Nai a Nai, que é a impulsora desta representación artística precisamente para poñer en valor a lactancia materna. 

A encargada de elaborar o mural será a artista barquense Patricia Fernández, quen comezará cos traballos esta fin de semana do 8 e 9 de xuño nunha parede habilitada polo Concello. Estará situado na zona dos centros escolares, e agárdase que os traballos se prologuen durante dúas fins de semana máis. 

Precisamente nesa sesión plenaria do mes de abril, a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, lía a declaración conxunta para convertir O Barco en Cidade Amiga da Lactancia. Nese comunicado houbo espazo destacado para a Asociación De Nai a Nai, «que recibirá apoio do Concello pola visibilidade e a axuda que brinda á lactancia materna».

Un mural sobre a lactancia materna ilustrará unha parede cedida polo Concello do Barco