Os sons dos saxofóns encheron de dozura e romanticismo o mosteiro de Xaguaza
12 de julio de 2024 (23:59 h.)
O concerto de emsemble de saxofóns do Conservatorio de Vigo e do Barco encadeou ao numeroso publico asistente
A programación cultural do Barco continua co XII Ciclo de Perto. Nesta ocasión, foi cun concerto de emsemble de saxofóns do Conservatorio de Vigo, no que o mosteiro de Xaguaza e o publico fusionáronse á perfección cos sons envolventes dos saxofóns.
Os asistentes ao evento, que se celebrou o venres 12 de xullo, e que daba comenzo ás 20.30 horas, poideron disfrutar de diferentes estilos musicais e de países como Arxentina ou Cuba; de música de filmes como Web Say Story e inclusive, dunha peza coa pianista Carmen Bargiela,
O momento máis emotivo da tarde produciuse cando se uniron os seis alumnos de saxofón do Conservatorio do Barco, co seu profesor Manuel Prada, e interpretaron unha peza conxuntamente, pola cal recibiron unha gran ovación.