
A maxia inundou os corazóns dos pequenos nas festas de Santa Rita
Con motivo do Día das Letras Galegas, o concello barquense fixo unha programación especial na semana de Santa Rita para conmemorar este día

Con motivo do Día das Letras Galegas, o concello barquense fixo unha programación especial na semana de Santa Rita para conmemorar este día
Maxia. Encanto, ou atractivo de alguén ou algo, esta é a definición oficial que ten esta palabra tan singular. Nesta ocasión iremos máis alá, falaremos da actividade que se fixo con motivo do Día das Letras Galegas. Dende o concello do Barco fixeron unha programación especial dentro da semana de Santa Rita para conmemorar este día.
De este e moito máis, foi do que puideron desfrutar todas aquelas familias que acudiron o Pavillón de Deportes da Rúa España, debido ás previsións de fortes choivas, do Barco desde as 19:00. Unha actuación de "Con V de Violín e de Villalta" da man de Martín Camiña. Un rato agradable no que os máis pequenos observaron, de primeira man, unha actividade chea de imaxinación e paixón.
A maiores, como ben pon o nome do espectáculo, era un recoñecemento a Luísa Villalta. Escritora coruñesa a quen se lle dedica, neste 2024, este día tan especial para os galegos.
A actuación estaba chea de humor e sorpresas a través das súas obras. Que as familias participasen era algo moi importante para Camiña, polo que intentou facer interacción con todos os presentes. Por exemplo, un dos xogos que se fixo foi empregar solo a vogal "a", durante uns oito minutos.
Os poemas de Luisa Villalta, como non pode ser de outra maneira, tamén foron protagonistas. Martín Camiña elixiu algún deles para poder facer maxia «o seu arredor».