O Madrugón da auga máis fría

Bateuse récord de participación con case 60 participantes que como novidade quentaron o corpo cun caldiño de verzas ademais do tradicional chocolate con churros

O Sil volveu recibir, como cada14 de setembro, aos aguerridos bañistas que se mergullan ano tras ano con puntualidade xermánica, nas súas augas. O potente son da bomba de palenque anuncia que os nadadores parten desde A Capitana ate a praia fluvial do Malecón. Comeza o día grande das Festas do Cristo.

Amparo, a primeira muller en chegar a praia fluvial do Malecón

Este ano a cita cas augas «máis frías» chegou a súa trixésima edición—30 anos desde que un grupo de rapaces que volvía para a casa decidiu espertar a cogorza mergullándose  no Sil— e segundo o concelleiro de deportes foi na que a participación aumentou máis que considerablemente. Foron cerca de 60 as persoas que baixaron o río nadando,

Arturo «Careca» non se meteu na auga pero si estivo vendo como a súa familia, a que gañou o premio a máis numerosa si o facía. O que non faltou á cita foi o concelleiro de Deporte, Aurentino Alonso, os do club Peña Trevinca, ou o gañador da proba desde hai uns anos, Pablo Israel.

Amparo do Spinning Valdeorras foi a primeira muller en chegar a meta. Na categoría dos máis novos o primeiro en saír da auga foi Xián e a primeira Martina Aller. Non houbo disfraces nesta ocasión pero si un dos nadadores cun traxe de baño de Espiderman e, para el foi o premio. 

Paco Bao axuda a saír aos nadadores da auga

O xamón co que se agasallaba ao club máis numeroso foi para o Clun ADAS Natación. O premio especial otorgouselle a un cadelo que nadou o Madrugón co seu amo.

Él tamén baixou para acompañar ao seu amo

O concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso e a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta foron os encargados de entregar os premios e a técnico de deportes Kissy Torres, actuou de mestra de cerimonia.

O concelleiro de Deportes non perdoou o caldo de verzas que agardaba á chegada

Cun caldiño de verzas e chocolate quentiño con churros rematou este Madrugón que este ano ao contrario do anterior fora dos máis quente foi dos máis fríos.

Arturo desfrutando cos netos do agasallo do xamón

Se queres ver o vídeo dos premios, aquí o tes: