Luis Alonso: «O foco que viña de Viloira apagouse, se non houbera feito a malla»
Tocou recorrer a zona de Santa Mariña, Vales e Cesures, nos dous primeiros, ninguén quixo dar a súa testemuña pero si en Vales. Luis Alonso veciño de esta última aldea, contou como se viviu a chegada do lume.
Sinala que foron quen de apágalo con dous tractores cargados con auga no «depósito do sulfato» e que se non fora por iso «houbera feito a malla. Houbera feito moito daño».
Explica que «o lume que había ao pé do regueiro, subiu a Cesures e logo baixou e pasou polo cemiterio e queimou a maleza pero aí parou.
Al labores de apagar o lume correron a cargo dos veciños aínda que tamén viñeron a apágalo, así o conta Luis: «Os da motobomba viñeron á noite porque o lume volvíase a reavivar. Pola noite apagárono e quedou listo e con eso non pasou nada, nas casas non pasou nada»
«Por debaixo do pueblo non ardeu pero por riba queimouse todo», remata Luis a conversa.
Este é o vídeo da conversa con Luis Alonso de Vales:
A conversa con Luis quedou interrompida pola patrulla da Policía Autonómica que andaban mirando de atopar posibles focos, xa que a primeira hora da mañá era imposíbel ver os posibles reavivamentos xa que un denso fume cubría todo o val.