sábado. 07.06.2025

O "Concerto do Botelo" da o pistoletazo de saída a festa gastronómica do Barco

Comenzaba ás 20.00 horas, do sábado 11 de xaneiro, coa actuación do Orfeón Valdeorrés e a Ronda de Amigos del Bierzo no Teatro Lauro Olmo
p_somoscomarca_20240111_obarco_teatrolauroolmo_orfeonvaldeorres_festabotelo (1)

É a primeira vez que un concerto da o pistoletazo de saída a Festa do Botelo do Barco, unha semana antes do día grande, ampliando así os actos que organiza o concello en torno a gran festa gastronómica da localidade e que pretende instituir para as próximas edicións.

somoscomarca_20240111_obarco_teatrolauroolmo_orfeonvaldeorres_conciertobotelo

O Orfeón Valdeorrés, dirixido por José Ramón Mansilla, ofrecía un repertorio con cancións tan significativas como; "Lévame", "Lela"; pezas cheas de folklore como "Unha foliada de ondas" y "A roda de Chamoso", y "O Barco de Valdeorras", unha composición do propio director que supon unha homenaxe a comarca. E, por suposto, a canción que rinde homenxe o protagonista desta festa, "O Botelo", unha obra composta polo expresidente do Orfeón, José Luis Folla.

O grupo convidado para este concerto foi a Ronda de Amigos del Bierzo, un grupo formado por 22 homes, e que levou ao escenario cancións populares bercianas como: "Bierzo tierra hermosa", "Tras las montañas", "Yo quiero ser marinero", "Qué grande que el río suena", "Pueblito viejo", "Canto a Castilla" e "Camino del Sil". Ao remate lle fixeron entrega dun agasallo (unha barca obra do artista Xelo de Tremiñá) en agradecemento a súa actuación.

somoscomarca_20240111_obarco_teatrolauroolmo_orfeonvaldeorres_festabotelo (3)
Ronda de Amigos del Bierzo

O "Concerto do Botelo" da o pistoletazo de saída a festa gastronómica do Barco