O colexio Otero Pedrayo homenaxerá o Orfeón Valdeorrés

O Otero Pedrayo homenaxerá o Orfeón Valdeorrés
A aula de música do centro pasará a ter o nome desta agrupación musical

O Ramón Otero Pedrayo segue sen parar de facer actividades, nesta ocasión, Reme Arias —directora do colexio—, conta a nova acción que farán mañá, 23 de febreiro. 

Despois da presentación de mañá, aula de música do centro pasará a ter o nome do Orfeón Valdeorrés, «ímoslle facer unha homenaxe», explica Arias. «Mañá, na inauguración, diranse os motivos. Despois, todos os nenos de primaria, van cantar unha canción o Orfeón cunha letra dedicada a eles», comenta a directora. Este acto comezará ás 12:45 no colexio de Viloira. 

Pero isto non é todo, o alumnado do Otero Pedrayo tamén estivo o día 21 de febreiro en Santiago, para pechar ese programa de "21 días en galego" que remataba o día 6. A directora do centro asegura que eses días en galego, os nenos e nenas estaban moi implicados. 

Neste acto había 10 colexios invitados, cunha capacidade limitada, dende o Otero Pedrayo «propuxemos levar outro autobús para poder levar a todos os nenos e nenas, pero o ser solo un autobús non puidemos», comenta con tristeza a directora do centro. 

Esta data estivo moi preto do Entroido, entón «chamou moito a atención que levamos o fulión. Ían os nenos cos traxes e cos bombos, o que fixemos foi un percorrido polo Auditorio», recorda. O público tamén estivo moi animado durante esta actuación. 

Escoita a entrevista completa coa directora Reme Arias: