
Alfredo García na inauguración de "21 días en galego"

Alfredo García e Margarita Pizcueta na inauguración de "21 días en galego"

Inauguración de "21 días en galego"

Inauguración de "21 días en galego"

Inauguración de "21 días en galego"

Inauguración de "21 días en galego"

Inauguración de "21 días en galego"

Inauguración de "21 días en galego"

Inauguración de "21 días en galego"

Inauguración de "21 días en galego"

Inauguración de "21 días en galego"

Inauguración de "21 días en galego"

Inauguración de "21 días en galego"

Inauguración de "21 días en galego"

Inauguración de "21 días en galego"

Inauguración de "21 días en galego"

Inauguración de "21 días en galego"
O CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira inicia o proxecto "21 días en galego". De feito, é o único da zona de valdeorras que participa nesta iniciativa impulsada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A inauguración fíxose este 17 de xaneiro. O que se pretendía era «facela convidando a toda a unidade educativa, imos ter unha xornada de xogos populares galegos en colaboración do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo de Ourense. Faremos como si fora unha feira antiga, pero enfocada a xogos populares, entón eles tamén poden vir», explica Gemma Delgado, membro do equipo directivo.
A este acto asistiu tanto o alcalde do Barco, Alfredo García, como a conselleira de Cultura, Margarita Pizcueta.
Aínda que o 6 de febreiro remate o programa, «o día 21 estaremos en Santiago cos outros 10 centros na Cidade da Cultura. Cada centro vai facer unha actividade para o resto, é dicir, é unha xornada de convivencia», explica a directora. Delgado engade: «Temos pensado un baile. A temática deste ano son os obxectivos de desenvolvemento sustentable da Axenda 2030». Dende o centro escolleran o obxectivo 15, «xestionar sosteniblemente os bosques, loitar contra a desertización, deter e investir na degradación das terras, deter a perda da biodiversidade».