viernes. 30.05.2025

O Ramón Otero Pedrayo presenta "21 días en galego"

É o único colexio da zona de Valdeorras que forma parte desta iniciativa. O 17 de xaneiro presentarase á comunidade educativa cun acto inaugural onde os xogos populares galegos serán os protagonistas
somoscomarca_240111_obarco_ensino_viloira_remearias_gemmadelgado (2)
O Ramón Otero Pedrayo presenta "21 días en galego"

Falar en galego e un reto de 21 días, este é o novo proxecto no que se embarca o CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira. De feito, é o único da zona de Valdeorras que participar nesta iniciativa impulsada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

«En xuño empezáronnos a falar desta actividade e gustounos moito a idea. Consiste en que os nenos e nenas falen galego non só no colexio, tamén no seu entorno familiar, na rúa e nas actividades extraescolares», conta ilusionada Reme Arias, directora do colexio. 

Dende o equipo directivo, o que pertence Gemma Delgado, creen que é unha boa maneira de poder inculcar a todos os pequenos a importancia desta lingua, a nosa lingua, en todos os ámbitos. De feito, ela mesma conta que en moitas ocasións «os adultos falan entre eles galego e os nenos diríxense en castelán. Por esta razón, tamén se implica as familias e que asuman o compromiso».

somoscomarca_240111_obarco_ensino_viloira_remearias_gemmadelgado (1)
Reme Arias —directora— e Gemma Delgado —equipo directivo— nun momento da entrevista

O día da esperada inauguración chega este 17 de xaneiro, «queremos facela convidando a toda a unidade educativa, imos ter unha xornada de xogos populares galegos en colaboración do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo de Ourense. Faremos como si fora unha feira antiga, pero enfocada a xogos populares, entón eles tamén poden vir».

Aínda que o 6 de febreiro remate o programa, «o día 21 estaremos en Santiago cos outros 10 centros na Cidade da Cultura. Cada centro vai facer unha actividade para o resto, é dicir, é unha xornada de convivencia», explica a directora. Delgado engade: «Temos pensado un baile. A temática deste ano son os obxectivos de desenvolvemento sustentable da Axenda 2023. Cada centro propón un, nos escollemos a reforestación».

«Pensamos que somos un centro moi activo. Cando hai un proxecto que nos entusiasma non nos importa o traballo, somos un equipo moi activo. O que queremos é que vexan a importancia do galego en cousas que lles gustan, de maneira lúdica», asegura a directora. 

O Ramón Otero Pedrayo presenta "21 días en galego"