miércoles. 22.03.2023

Carreira popular, pancetada, sorteos e orquestra Kubo no San Xoán do Barco

o. As actividades terán lugar na tarde-noite do día 23 de xuño, na praza Otero Pedraio de Viloira. Ademais, haberá colchonetas para os nenos.
Carreira popular, pancetada, sorteos e orquestra Kubo no San Xoán do Barco

O Concello do Barco celebrará a Festa de San Xoan con unha andaina/carreira popular, unha pancetada, sorteo de agasallos para os participantes e, para finalizar, festa coa actuación da orquestra Kubo. As actividades terán lugar na tarde-noite do día 23 de xuño, na praza Otero Pedraio de Viloira.

As actividades da festa están organizada polas concellarías de Cultura e Festas e de Deportes e Xuventude. Os interesados en participar na andaina ou carreira poden inscribirse previamente, ou facelo o mesmo día da actividade, na propia praza de Viloira.  As inscricións previas poden realizarse ata o día 22 de xuño, chamando ao Concello (988320202), ou presencialmente no Edificio Multiusos.

As recollidas de dorsais poden realizarse tamén no Concello, ou o día da carreira, na propia saída. Os participantes que se inscriban previamente terán reserva para a pancetada e para participar no sorteo de agasallos, mentres que os que o fagan o mesmo día na praza (de 19,30 a 20,30 horas) non terán esa reserva.

Haberá un fotocol instalado na saída da carreira, e os premios serán individuais e colectivos. Nos individuais, agasallos para todos os nenos máis pequenos; premios ao mellor disfraz de san Xoan, ao corredor máis novo, e o máis veterano. Nos colectivos, recibirán premios as asociacións, empresas e clubes con máis inscritos, e tamén aqueles que se presenten co mellor disfraz colectivo.

A carreira dos nenos de ata 7 anos comezará ás 20,30 horas, a dos maiores terá a saída ás 21,00 horas, e a actuación da orquestra Kubo comezará ás 23,00 horas. Ademais, haberá colchonetas para os nenos.

Carreira popular, pancetada, sorteos e orquestra Kubo no San Xoán do Barco