
O Barco énchese de poesía nos seus pasos de peóns
Desde onte, 28 de abril, os pasos de peóns da avenida principal e algúns muros do Barco énchense de poesía

Desde onte, 28 de abril, os pasos de peóns do Barco enchíanse de poesía. Os escritos galegos atópanse o algúns pasos da avenida principal e en muros do municipio.
«Non me corresponde a min falar dese tema. O Concello que xa sabiamos desta iniciativa fai meses, pero asinou un contrato de confidencialidade para non falar do tema. Aí está, os versos e a literatura galega nos pasos de peóns e tamén en muros, pero non me compre, nin podo falar dese tema», explicaba a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta a Somos Comarca.