miércoles. 09.07.2025

O Barco celebra o San Xoán con diversión, deporte e gastronomía

Máis de 300 persoas participaron na 9ª edición da Andaina Popular, unha forma diferente e orixinal de celebrar a noite máis fascinante do ano

O  luns 23 de xuño, Viloira viviu unha tarde moi especial coa celebración da noite máis máxica do ano. A 9ª edición da Andaina Popular de San Xoán reuniu a máis de 300 persoas que quixeron gozar dunha xornada chea de actividades lúdicas, deportivas e gastronómicas. Despois de que a pasada edición se celebrase en Éntoma, este ano a festa regresou á praza José Otero Pedrayo de Viloira, onde todos os participantes disfrutaron dunha tarde inesquecible.

somoscomarca_20250623_viloira_sanjuan_andainapopular (22)

O programa comezou cunha proba para os máis pequenos, ata os 6 anos, que saíu ás 20:30 horas. Os nenos e nenas pasearon polos fermosos xardíns da Casa Grande e, ao rematar, regresaron á praza, onde cada un deles recibiu unha medalla por participar, o que lles fixo moita ilusión. Ás 21:00 horas, tivo lugar a proba popular, cun percorrido de 6 km desde Viloira ata a Praia do Ouro. Ao chegar, os participantes recibiron un ticket para participar nun sorteo de un xamón, e logo volveron a Viloira, completando así unha ruta chea de alegría e deporte.

somoscomarca_20250623_viloira_sanjuan_andainapopular (17)

Ao remate da andaina, todos os asistentes compartiron unha gran pancetada na praza, onde non faltaron tampouco premios para os participantes, entre eles o de mellor disfraz. Ademais, os bares da praza ofreceron panceta, sardiñas asadas e outras delicias para todos os que quixeron celebrar o San Xoán ao seu xeito, mesmo sen participar na andaina.

somoscomarca_20250623_viloira_sanjuan_andainapopular (4)

Sen dúbida, foi unha tarde máxica para gozar da noite máis especial do ano, en compañía de veciños e amigos, nun ambiente de festa e bo humor.

O Barco celebra o San Xoán con diversión, deporte e gastronomía