O Barco ponse guapo con acios na honra de Florencio
Acios de uvas adornan a arteria principal do Barco, nos que en cada bago pódese ler verbas das obras de Florencio. Ademais estrea da exposición de Jesús Díaz Ferrer e comezo da festa de Santa Rita
Na tarde do 20 de maio coincidindo co comezo das festa de Santa Rita do Barco, as rúas principais engalanáronse con acios, nos que cada bago contiña verbas dos poemas de Florencio delgado Gurriarán, homenaxeado deste ano das Letras Galegas.
Os centros escolares e institutos do Barco foron os que se encargaron de darlle forma a esta iniciativa dos equipos de Normalización Lingüística e na que colaborou o Concello do Barco.
Acios cas verbas dos poemas de Florencio co adornan as rúas do Barco
Esta non foi a única estrea da vila, na sala Abanca situada na Praza do Príncipe inaugurábase «Esencial», unha mostra conmemorativa do artista valdeorrés, Jesús Díaz Ferrer, con motivo do centenario do seu nacemento. O comisario, o barquense Luís Enrique Rodríguez Arias «Coquixo» guiou os asistentes polas diferentes obras agrupadas en temáticas: Gravados, Inspiración, Lembranzas, Sociedade, Interior, Paisaxe, Forma Mirada e Imaxinación.
Luís Enrique Rodríguez Arias «Coquixo»; a concelleira de Cultura do Concello do Barco, Margarida Pizcueta e a viúva do artista, Micheline Langlois na inauguración
O acto presentado polo comisario da obra, Luís Enrique Rodríguez Arias «Coquixo»; a concelleira de Cultura do Concello do Barco, Margarida Pizcueta e a viúva do artista, Micheline Langlois; asistían numerosos persoeiros da cultura, politica, empresa e sociedade de Valdeorras.
Paseo do Malecón ao pouco de comezar a festa
As festa tamén deu comezo o venres 20 de maio coa actuación do grupo Montreal. No teatro Lauro Olmo «A Cazola de Lola» obra para os máis pequenos de Tanxarina Títeres.
A festa segue na xornada de sábado
A primeira hora da mañá unha salva de bombas de palenque anunciará que o Barco está de festa. Seguirá o pasrrúas pola vila que animará a mañá deste sábado.