domingo. 03.12.2023
somoscomarca_231024_asuncionarias_
Asunción Arias: «O que buscan as asiciacións e xuntar polo camiño á humanidade»

A presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno participou no II Encontro Mundial de Asociaciones del Camino, celebrado en Santiago de Compostela a pasada fin de semana e organizado pola ‘Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago’, Xacobeo e Turismo de Galicia, baixo o lema «Asociaciones. Memoria y Futuro».

Asunción Arias sinala moi positivo este encontro que ademais de permitirlle coñecer ás diferentes asociacións de amigos do camiño, puxo en valor e recoñeceu a labor das asociacións que «de non ser pola súa presenza, os camiños non serían como son, nin estarían como están».

Arias subliñou que a característica común a todas elas é a de estar formada por voluntarios. «Son asociacións culturais nas que o primeiro que se fai e revisar o Camiño». Unha vez feitas comprobación póñense en contacto coas administración locais para comunicarlle as eivas e que se resolvan os problemas.

Outro tema que destacou Asunción respecto a os temas tratados foi a diferencia existentes entre as persoas que realmente fan o camiño e as que ao final recollen a Compostela. Tratou persoalmente cos presidentes de asociacións como a de Bélxica da necesidade de que exista unha federación en Europa.

«O que leva feito até o de agora, a verdade é que é moito. E, coma ben din, e non o digo eu que sería unha parte interesada, se non que o di Ildefonso da Campa, dos catro piares do Camiño de Santiago hai un de gran peso que son as asociacións e o traballo que levan feito durante estes 36 anos», asegurou.

Fai falta renovación das persoas que están ao fronte das asociación sinalouse no encontro aínda que o que máis lle encheu a Asunción foi o tema dos hospitaleiros e os que están nos albergues de donativo. «Gustoume moito cando peregrinos, vivindo experiencias, en albergues privados, en albergues da Xunta, de donativo, de alguén que ten unha casa e ofrece ese lugar. Todos eles, e eran de diferentes países e culturas, todos subliñaron o mesmo. Eu emprego unha palabra catalana que é como a nosa morriña, ’caliu’».

Conclúe a presidenta valdeorresa que: ««Si buscamos o que nos une nada nos vai separar e iso e o que buscan as asociacións, xuntar. E xuntar polo camiño a humanidade que é o que pasa polo camiño».

Foron catro días de convivencia e intenso traballo para repasar o feito nos últimos anos e tamén para mirar cara diante e por o punto de mira nos proxectos de futuro nas rutas xacobeas. Debateuse sobre o papel que deben desempeñar as asociacións e chegouse a conclusión que o peregrino é  o eixo principal.

En 2015  celebrouse o primeiro encontro que serviu para coñecer de primeira man o enorme potencial do movemento xacobeo no mundo. Neste segundo púxose o acento nas asociacións. Organizáronse mesas redondas dás asociacións de América, Asia e Oceanía, e Europa. E sesións específicas para que puidesen presentar o seu traballo.

Conclusións da Asociación de Municipios del Camino de Santiago

«As asociacións de amigos do Camiño de Santiago, expresaron a súa preocupación polo futuro dos roteiros xacobeos. Durante o debate, discutiuse o papel que deben desempeñar estas asociacións para defender os distintos itinerarios e a calidade de atención aos peregrinos», sinalan desde a Asociación de municipios do Camiño de Santiago.

«Os asistentes de varias rexións de España destacaron o risco de que o Camiño perda a súa esencia se se dilúe entre a gran oferta de roteiros de sendeirismos e camiños históricos. A apertura de novos roteiros que aspiran a ser itinerarios xacobeos foi unha preocupación particularmente expresada polos colectivos de Galicia».

Ademais, abriuse un debate sobre a necesidade de que as asociacións se centren en “servir ao peregrino” e traballen conxuntamente para formar parte do Consello Xacobeo ou para traballar nunha lei estatal sobre o Camiño de Santiago.

O encontro tamén contou coa participación de relatores internacionais, permitindo un achegamento a realidades moi diferentes. Confirmouse o crecente interese polo roteiro xacobeo en Portugal e Francia, mentres que a asociación de Taiwan compartiu unha emotiva experiencia.

O presidente da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago destacou o reto de constituír unha federación europea e o traballo realizado para promocionar os 80.000 quilómetros xacobeos. O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, recoñeceu a contribución dos colectivos para que o número de peregrinos siga crecendo.

Asunción Arias: «O que buscan as asociacións e xuntar polo camiño á humanidade»