viernes. 13.06.2025

A asociación de veciños de Calabagueiros vai solicitarlle ao concello un recinto feiral

A renovación da asociación, máis limpeza na zona das canchas, un muro na marxe esquerda do arroio Mariñan e a construción dun recinto feiral para deixar de sofrir os malestar das atracción nas festas foron temas tratados na reunión da veciñanza
somos comarca_obarco_atracciones_pistas_calabagueiros (2)
A asociación de veciños de Calabagueiros vai solicitarlle ao concello un recinto feiral para deixar de sofrir os malestar das atracción nas festas. Foto Manuel Agra

A asociación de Veciños de Calabagueiros convocou unha reunión no que os dous principais temas a tratar foron a renovación da xunta directiva e a solicitude de construción dun recinto feiral para que se trasladen as atraccións das festas a el, xa que xeran molestias acústicas e case que «é imposible a evacuación de persoas en caso de «accidentes ou incidentes».

Respecto a renovación da actual directiva, sinala Lolo Gómez o actual presidente, que queren dar un paso atrás aínda que seguirán colaborando. Hai xente nova que ten outras inquedanzas, «traballa con redes sociais e ten outra visión do barrio que non tiñamos os maiores».

No que atinxe aos ruídos que provocan as atraccións durante as festas e o perigo que existe pola ocupación total da rúa que non se podería facer unha evacuación en condicións vanlle solicitar ao concello un recinto feiral.

«Outro dos puntos foi a necesidade de plantexarlle o concello do Barco, dada a entidade de poboación que supón un sitio como o Barco, a necesidade de que conten cun recinto feiral. Xa tiñan que telo desde hai uns anos», indica Lolo. «Que acolla  eventos como as atraccións dos feirantes nas festas e así  suavizar un pouco a presión que se exerce sobre o barrio de Calabagueiros», continuou.

somos comarca_obarco_atracciones_pistas_calabagueiros (3)
As atraccións impiden saír ou entrar por algunha das rúas. Foto Manuel Agra

«Recoñecemos que non hai outro sitio alternativo ás festas e que teñen que continuar aí pero o que si se pode modificar son certos hábitos, sobre todo no tema dos ruídos a altas horas da noite. O volume destes ruídos son excesivos dada a proximidade dalgunha das atraccións aos edificios —da zoa onde se ubican as atraccións dos feirantes, non da orquestra—.

Tentarán ter unha reunión cos concelleiros do Barco para tratar de solucionar a problemática. Algún xa saben o que está acontecendo por vivir no barrio. «Tratarse de ter unha reunión  que se vai a organizar dos concelleiros que viven na zoa, do BNG e o PP, principalmente. Avisouse tamén aos do PSOE, estamos a espera da resposta. Queremos ter unha reunión coa concelleira organizadora das festas para tratar solucións a esta problemática», explica Gómez.

Siguen sen gustarlle a asociación de veciños

Por outro lado sinala que «non hai un plan de evacuación en caso de accidente ou incidente na zona das atraccións dos feirantes». «As rúas que conflúen neste  evento festivo carecen de saída durante as festas. Si pasa algo a única saída que hai é o río»

«Plantexámoslle ao concello a conquerir con fondos europeos —que os hai— para ter un Barco mellor e  que teña un recinto feiral. Que non só teña as atraccións dos feirantes,  se non tamén para concertos —con servicios adecuados para a celebración destes actos—, feiras de exposicións...», sinala Lolo. Cando se levaron alí a primeira vez díxoselle aos veciños que só estarían de forma provisional e xa van 30 anos de aquelo».

O Contedor das piraugas tampouco lles convence

Tamén se falou da necesidade de limpeza con máis papeleiras, que «as hai pero ten que haber máis». A situación actual do parque de skate tamén foi outro dos temas a tratar pero non se tomou ningunha decisión ao respecto. «Púxose, alí en contra da opinión dos veciños de Calabagueiros e está totalmente deteriorado, e xa se reparou dúas veces e faille falta outra. E cada vez son máis custosas. Seguimos pensando que non é o sitio máis adecuado». Outro tema do que se falou foi o do contedor das piraugas, «xa que está alí que estea adecentado e limpo».

A humanización da avenida de Galicia creen que é un ben para o barrio pero o que si sería necesario é recrecer o muro do arroio Mariñán a altura do campo de fútbol, xa que cas obras do supermercado recreceuse o muro da marxe dereita e se sube o cauce e se desborda asolagaría a zoa. «Iso ten fácil solución, só fai falta poñer vontade»

A asociación de veciños de Calabagueiros vai solicitarlle ao concello un recinto feiral