
Esgotadas as entradas para a Festa do Botelo
Había un total de 1.150 entradas a 25 € cada unha

Fai apenas uns minutos notificábase que as 1.150 entradas dispoñibles para a Festa do Botelo quedaban completamente vendidas.
Fagamos un repaso por este fin de semana cheo de botelo. Como máximo podíase conseguir 10 entradas por persoa con un valor de 25 €.
Co medo de que se esgotaran, o primeiro en chegar fixo ás 3:15. Acolleuno un Teatro Lauro Olmo xa coa calefacción acendida. As 9:00 horas, con puntualidade británica, comezaban a desfilar pola mesa do hall para facerse cas entradas. Agora solo queda gozar do día o máximo posible.
O día grande desta festa, o 20 de xaneiro, comezará coa gala do pregón. Este ano o elixido foi o debuxante ourensán Xosé Luis González, O Carrabouxo. Pero non estará só nese escenario, dado que a Mención de Honra recaerá en Concepción Moral Calvo, a cociñeira do JR2000.